Asociación Oriental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
     Estados membros da Unión Europea      Membros da Asociación Oriental

A Associación Oriental (coñecida pola sigla e inglés EaP, Eastern Partnership) é un proxecto iniciado pola Unión Europea (UE).[1] e presentado polo ministro de Asuntos Exteriores de Polonia co apoio de Suecia no Consello de Relacións Exteriores da UE en Bruxelas o 26 de maio de 2008 .[2] A Asociación Oriental inaugurouse en Praga, o 7 de maio de 2009 .[3]

A primeira reunión de ministros de Exteriores no ámbito da Asociación Oriental realizouse o 8 de decembro de 2009 , en Bruxelas.[4]

Índice

[editar] Membros

A Asociación Oriental está composta por Estados postsoviéticos: Bielorusia, Ucraína, Moldavia, Acerbaixán, Armenia e Xeorxia, ademais da Unión Europea. Houbo moito debate sobre a inclusión de Bielorusia, xa que a UE considáraa unha ditadura autoritaria. O país acabou sendo convidado a participar debido á preocupación da UE sobre un exceso de influencia rusa na rexión.

O 30 de setembro de 2011 Bielorusia, aparentemente, retirouse da iniciativa a causa dunha "discriminación sen precedentes" e un "cambio" dos principios polos que fora construída había dous anos.[5] Pero tres días despois o ministro de Asuntos Exteriores do país, Sergei Martynov, refutou iso.[6]

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Korosteleva, E. A. (2011): The European Union and its Eastern Neighbours: Towards a more ambitious partnership?. London: BASEES/Routledge Series on Russian and East European Studies. ISBN 0415612616
  • Korosteleva, E.A. (Ed.) (2011): Eastern Partnership: A New Opportunity for the Neighbours? London: Routledge. ISBN 041567607X

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Nota: Todas en inglés, e todas consultadas o 23/12/2011.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas