Asmae El Moudir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAsmae El Moudir

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1990 Editar o valor em Wikidata (33/34 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeMarrocos Editar o valor em Wikidata
EducaciónAbdelmalek Essaâdi University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cinema , produtora , guionista , documentalista Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm12311786 Allocine: 978541 Editar o valor em Wikidata

Asmae El Moudir (árabe: أسماء المدير), nada en Salé o 16 de febreiro de 1990,[1] é unha guionista, produtora e directora de cine marroquí.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

El Moudir cursou un mestrado en Cinema Documental na Universidade Abdelmalek Essaâdi de Tetuán, e outro de Produción Cinematográfica no Instituto Superior da Información e a Comunicación de Rabat.[3] Tamén estudou en La Fémis, en París. En 2010, graduouse en Dirección de Cine pola Academia do Cinema de Marrocos.

Tras dirixir varias curtametraxes, El Moudir estreou a súa primeira película, Kadib Abyad (2023).[4]

El Moudir traballou en diversos documentais para SNRT, Al Jazeera Documentary, a BBC ou Al Araby TV. Recibiu múltiples galardóns nacionais e internacionais, e participou en varios festivais de cine.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Gran Premio do Festival Internacional de Cinema de Mulleres de Toronto (2021).
  • Gran Premio do Festival de Cinema IsReal de Nuoro (2021).[5]
  • Premio de dirección e Gran Premio do Festival de Cinema Documental El-Ayoun (2019).[6]

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • La Dernière balle ("A derradeira bala", 2010)
  • Les couleurs de silence ("As cores do silencio", 2011).
  • Thank God It's Friday ("Grazas a Deus que é venres", 2013).
  • Rough Cut (2015).
  • Harma (2016).
  • Guerre oubliée ("A guerra esquecida", 2019).
  • Fi zaouiyati oummi في زاوية أمي ("A postal", 2020).
  • Kadib Abyad ("A nai de tódalas mentiras", 2023).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "16 fèvrier". www.instagram.com. Consultado o 2024-05-16. 
  2. Guisser, Salima (2020-01-07). "Asmae El Moudir, une réalisatrice qui préfère varier les ateliers d’écriture". Aujourd'hui le Maroc (en francés). Consultado o 2024-05-16. 
  3. Bennani, Ouafaa (2021-04-26). "Asmae El Moudir reçoit le Prix du meilleur documentaire". Le Matin.ma (en francés). Consultado o 2024-05-16. 
  4. MATIN, LE (2021-08-05). "«Le mensonge originel» d’Asmae El Moudir sélectionné pour la 9e édition de Final Cut in Venice". Le Matin.ma (en francés). Consultado o 2024-05-16. 
  5. "“The Mother of All Lies” by Asmae El Moudir selected for the 9th edition of Final Cut in Venice - Moroccan Ladies". web.archive.org. 2022-10-12. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2022. Consultado o 2024-05-16. 
  6. "مهرجان العيون يتوج “الحرب المنسية” بالجائزة الكبرى". الجزيرة الوثائقية (en árabe). Consultado o 2024-05-16.