Al Jazeera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Al Jazeera ( الجزيرة, a illa ou a península en árabe) é unha canle árabe de televisión por satélite radicada en Qatar.

Fundouse en 1996 polo goberno qatarí, converteuse na principal canle de noticias do mundo árabe. En orixe gratuíta e financiada polo goberno, a emisora comezou a cobrar polos seus servizos e independizouse financeiramente. A partir de 1998 emite 24 horas e ten a súa maior audiencia en Próximo Oriente e entre os emigrante árabes en Europa.

A canle fíxose coñecida internacionalmente logo dos ataques do 11 de setembro de 2001, cando se produciu a intervención norteamericana en Afganistán, ao ser a única canle internacional en ter correspondentes no país.

véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Al Jazeera