Annapolis, Maryland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rúa de Annapolis

Annapolis é a capital do estado de Maryland, Estados Unidos. Tamén é a capital do condado de Anne Arundel, ten 35.838 habitantes (2000).

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada polos puritanos en 1649 co nome de Providence, posteriormente déuselle o nome de Anne Arundel en honra da dona de Lord Baltimore. En 1708 sir Francis Nicholson moveu a capital da colonia aquí e cambioulle o nome en honra da raína Ana. En 1783 Annapolis converteuse temporalmente na capital dos Estados Unidos despois da sinatura do Tratado de París.

Linguas[editar | editar a fonte]

87'6% inglés, 7'1% castelán, 1'2% francés, 0'8% grego, 0'6% tagalo, 0'6% alemán.