Arturo Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArturo Díaz Díaz
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Sober
Cargos
Alcalde do concello de Dodro (2007 - 2011)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónProfesor
Partido políticoPSdeG-PSOE
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Arturo Díaz Díaz, nado en Sober o 8 de outubro de 1946, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É profesor de Educación Física no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro dende 1987. Concelleiro do PSdeG-PSOE no concello de Dodro dende 1999, cando se presentou por primeira vez á alcaldía e conseguiu pasar de 1 a 3 concelleiros, sendo a principal forza da oposición ó PPdeG. Nas municipais de 2003 conseguiu subir a 4 concelleiros, pero o PPdeG mantivo a maioría absoluta. Nas municipais de 2007 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas ao pacto asinado co BNG. Nas municipais de 2011 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, que recuperou a maioría absoluta, ante o cal renunciou a tomar posesión da súa acta de concelleiro.


Predecesor:
José Fernando Vila Brión
 
Alcalde de Dodro
 
2007 - 2011
Sucesor:
Valentín Alfonsín Somoza

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]