Arteria braquial fonda
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A arteria braquial fonda ou arteria umeral fonda é unha arteria do membro superior humano. É a maior póla da arteria braquial.
Características [editar]
Diríxese ao compartimento posterior do brazo. Entra no compartimento xunto co nervio radial a través do espazo triangular, que está formado polo corpo do úmero, o bordo inferior do músculo redondo maior e o bordo lateral da porción longa do tríceps braquial. A continuación sitúase na canle radial, por debaixo do tríceps.
As pólas da arteria umeral fonda irrigan os músculos próximos e se anastomosan coa arteria circunflexa umeral posterior. A arteria termina a nivel do cóbado, onde dá lugar a dúas pólas que forman un plexo vascular en torno ao cóbado.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.