Castelo xaponés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O castelo de Himeji da prefectura de Hyōgo, o máis visitado e patrimonio da humanidade.

Os castelos xaponeses ( shiro?) eran fortalezas compostas principalmente de pedra e madeira. Estes evolucionaron das construcións de madeira dos séculos anteriores até as formas coñecidas do século XVI. Do mesmo xeito que os castelos europeos, os xaponeses eran construídos para vixiar lugares estratéxicos ou importantes como portos, ríos, camiños e case sempre tiñan en conta as características do lugar para a súa defensa.

Os castelos xaponeses viviron diversas etapas de destrución. Durante o shogunato Tokugawa decretouse unha lei para limitar o número de castelos a un por cada daimio (señor feudal), polo que moitos foron destruídos. Despois da caída do sistema shogunal e a volta ó poder do emperador durante a Restauración Meixi, novamente moitos castelos foron destruídos e algúns outros desmantelados, nun intento de rachar co pasado e modernizar o país. Durante a segunda guerra mundial, moitos foron destruídos polos bombardeos ás rexións da costa do océano Pacífico e só algúns de áreas illadas, como o castelo Matsue ou o castelo Matsumoto ficaron intactos.

Hoxe en día só quedan quince castelos que se conserven daqueles tempos, malia que se pensa que puideron ter existido máis de cincocentos.[1] Algúns castelos como o de Hiroshima que desapareceron coa bomba atómica de 1945, foron reconstruídos.[2]

Actualmente, a maioría convertéronse en museos, acollendo obxectos de importancia da rexión, e explican a historia local.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Inoue, Munekazu (1959). Castles of Japan. Toquio: Association of Japanese Castle. 
  2. DK Eyewitness Travel Guide: Japan. Londres: DK Publishing. 2002. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]