Artaxerxes III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artaxerxes III Oco (Artaxerxes Ochus) rexeu Persia desde o ano -358 ata o -338. Fillo e sucesor de Artaxerxes II, foi sucedido por Artaxerxes IV Arsés. Pouco despois de asumir o trono, matou a moitos dos seus parentes para protexer a Persia de posíbeis guerras civís. En -343 Artaxerxes III derrotou a Nectanebo II de Exipto, e fixo que o país volvese ser unha satrapía persa.

Artaxerxes foi asasinado polo seu visir, Bagoas.


Imperio Persa

Segue a:
Artaxerxes II
Artaxerxes III
Precede a:
Artaxerxes IV
Dinastía Aqueménida