Arta Dade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArta Dade

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de marzo de 1953 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Tirana, Albania Editar o valor em Wikidata
Membro do Parlamento da Albânia (pt) Traducir
9 de setembro de 2013 – 25 de xuño de 2017
Lexislatura: VIII Pluralist Legislature (en) Traducir

Circunscrición electoral: Condado de Korçë
Membro do Parlamento da Albânia (pt) Traducir
8 de setembro de 2009 – 23 de xuño de 2013
Lexislatura: VII Pluralist Legislature (en) Traducir

Circunscrición electoral: Condado de Gjirokastër
Minister of Foreign Affairs (en) Traducir
6 de setembro de 2001 – 25 de xullo de 2002
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: Albania

25 de xaneiro de 1999 – 29 de xuño de 2001
Vice primeira ministra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlbania Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Tirana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , profesora universitaria , tradutora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tirana Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista de Albania Editar o valor em Wikidata
Membro de

Arta Dade, nada en Tirana, Albania, o 15 de marzo de 1953, é unha política albanesa. É membro do Parlamento de Albania polo Partido Socialista de Albania desde 1997.[1] Durante a súa carreira como política foi Ministra de Cultura e Ministra de Exteriores, sendo a primeira muller en ocupar este cargo. Actualmente é presidenta do Comité de Política Exterior.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de asistir á escola, de 1972 a 1975 estudou Literatura inglesa na Universidade de Tirana. Despois de completar os seus estudos, foi profesora na escola secundaria de idiomas Asim Vokshi entre 1975 e 1985, antes de traballar como conferenciante no departamento de estudos de inglés na universidade ata 1997. Cando empezou a súa carreira política. No parlamento representa ao Condado de Fier.

En 1991 converteuse en membro do Partido Socialista de Albania, o sucesor do previamente comunista Partido Laborista, e ó mesmo tempo membro na executiva do partido. En 1993 tamén se converteu en membro do foro de mulleres da actual Esquerda europea.

En 1996 postulouse con éxito como representante do PS para o Parlamento albanés e pertenceu a el durante o 15º período lexislativo de 1997 a 2001. Foi reelixida nas eleccións parlamentarias de 2001 e 2005 e foi membro do parlamento ata 2009. En xullo de 1997 foi nomeada Ministra de Cultura, Xuventude e Deporte por Fatos Nano e foi membro deste ata abril de 1998.

Posteriormente foi, entre outras cosas, vicepresidenta da comisión parlamentaria de asuntos exteriores e relacións internacionais, membro da comisión de expertos para o pacto de estabilidade, membro da sociedade parlamentaria albanesa- francesa e dende xaneiro de 1999 a xuño de 2001 delegada suplente da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa.[3] Ademais, ocupou o cargo de Secretaria de Relacións Internacionais no Consello de Administración do PS dende 1998 e foi reelixida como tal en varias ocasións.

En setembro de 2001 foi nomeada sucesora de Paskal Milo polo primeiro ministro Ilir Meta como primeira ministra de Relacións Exteriores de Albania e ata 2021 a única. Ocupou este cargo ata xullo de 2002. Posteriormente, Ilir Meta asumiu o cargo de chanceler el mesmo baixo o novo primeiro ministro Fatos Nano.

Ademais, é autora de numerosos artigos de ciencias políticas e sociais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "PACE Member File". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2017. Consultado o 18 de novembro de 2016. 
  2. "Albanian Parlament - Chairwoman of Foreign Policy Committee, Mrs. Arta Dade receives the Minister for Dialogue of the Republic of Kosovo, Mrs. Edita Tahiri and the delegation accompanying her". Parlament.al. 14 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2020. Consultado o 18 de novembro de 2016. 
  3. "Website des Europarates" (en inglés). 2016-01-22. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2017. Consultado o 21 de marzo de 2021.