Arquitectura neoandina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un cholet en El Alto, Bolivia.

A arquitectura neoandina (en aimará: Machaqa-Anti; en quechua: Musuq Antikunakaq) é un movemento arquitectónico contemporáneo principalmente situado en El Alto, Bolivia, expresado nos numerosos cholets da cidade, así como en mansións pequenas e salóns de baile.[1] O arquitecto boliviano Freddy Mamani foi descrito como "o arquitecto máis coñecido" da arquitectura neoandina. Mamani é un enxeñeiro civil que comezou como simple traballador hai dúas décadas e construíu máis de 60 estruturas neoandinas no Alto dende 2005.[2][3]

A historiadora da arquitectura Elisabetta Andreoli describiu o estilo, representado en máis de 100 estruturas ao longo do horizonte de El Alto, como neoandino. Paola Flores sinalou que "a maioría [das estruturas neoandinas] foron construídas dende que o presidente Evo Morales, un aimará que foi o primeiro líder indíxena do país, asumiu o cargo en 2006. A súa aparición coincide cun modesto pulo económico unido a un aumento do orgullo aimará.[2]

O termo utilizouse por primeira vez nunha revista de arquitectura para facer referencia ao estilo do edificio da embaixada dos Estados Unidos en Lima, no Perú por Arquitectonica en 1996, e foi descrito como unha inspiración "bastante literal" na historia peruana, modelando a base do edificio sobre as estruturas das antigas cidades de Cuzco e Machu Picchu."[4]

Acollida[editar | editar a fonte]

En xeral, a arquitectura neoandina foi recibida con eloxios dos residentes en El Alto. Paola Flores sinala que os Alteños, ou veciños do Alto, "están en xeral satisfeitos coa súa contribución á arquitectura moderna", sinalando un veciño que afirmou "'Para min, é como un berro que di: "Aquí estamos! Isto é o que somos!" e outro que remarcou "Son unha muller aimara, orgullosa da miña cultura, feliz e chea de cor. Entón, por que a miña casa non debería mostrar o que son?".[2] Os edificios apareceron en Héroes del Brillo de Frederico Estol, unha colección de fotografía sobre os milleiros de limpabotas da Paz e El Alto.[5]

Os edificios foron descritos como "futurista" e "funky" por persoas alleas á cultura andina.[6][7] En particular, varios fixeron comparacións co lendario artista de banda deseñada Jack Kirby, e moitos chegaron á conclusión de que Kirby, tamén influenciado pola arquitectura e os patróns de América do Sur, e Mamani tiran das mesmas influencias.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Author picks". The Rough Guide to Bolivia. Apa Publications (UK). 2018. ISBN 9781786719980. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Flores, Paola (5 de xullo de 2014). "From street stall to mini-mansion". Toronto Star. 
  3. Allen, Eric (25 de xullo de 2018). "Architect Freddy Mamani Has Transformed El Alto, Bolivia, Into a Mecca of Modern Architecture". Architectural Digest. 
  4. "United States Embassy Chancery Building". Architectural Record 184: 84. 1996. 
  5. Abel-Hirsch, Hannah (20 de marzo de 2020). "Shine on, Shine Heroes". British Journal of Photography. 
  6. Blair, Laurence. "These Vibrant, Futuristic Mansions Are Popping Up in Bolivia". National Geographic. 
  7. Wainwright, Oliver (23 de outubro de 2018). "Party palaces and funky funhouses: Freddy Mamani's maverick buildings". The Guardian. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • La arquitectura de Freddy Mamani Silvestre de Elisabetta Andreoli e Ligia D'Andrea (A Paz: El Alto, 2013)