Arnoldus Johannes Hubertus Aerts
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1880 Limburgo, Países Baixos |
Morte | 30 de xullo de 1942 (62 anos) Palimbão (pt) |
Vigairo apostólico | |
28 de agosto de 1920 – Diocese: Roman Catholic Diocese of Amboina (en) | |
Bispo titular | |
20 de xullo de 1920 – Diocese: Apollonia titular see (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino dos Países Baixos |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1920–), sacerdote católico (1905–), misioneiro , bispo católico latino |
Consagración | Arnold Diepen |
Arnoldus Johannes Hubertus Aerts, nado en Swolgen (Limburgo, Países Baixos) o 3 de febreiro de 1880 e finado o 30 de xullo de 1942, foi un misioneiro católico neerlandés, vigairo apostólico da Nova Guinea Neerlandesa dende 1920 até o seu pasamento.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O 8 de setembro de 1900 profesou como membro dos Misioneiros do Sagrado Corazón, e o 6 de agosto de 1905 foi ordenado sacerdote. O 20 de xullo de 1920 foi nomeado bispo titular de Apollonia, e o 28 de agosto vigairo apostólico da Nova Guinea Neerlandesa. Recibiu a congración episcopal o 30 de novembro do mesmo ano de mans do bispo de 's-Hertogenbosch Arnold Frans Diepen. Finou no cargo o 30 de xullo de 1942.