Armas e instrumentos de guerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Armas e instrumentos de guerra, óleo sobre lenzo, 169 x 313 cm, Madrid, Museo do Prado.

Armas e instrumentos de guerra é unha pintura ó óleo do pintor barroco flamengo Pieter Boel (1622 -1674). O cadro consérvase no Museo do Prado de Madrid. Ten unhas dimensións de 169 x 313 cm.

Características[editar | editar a fonte]

A composición segue modelos de Jan Fyt. Aparece un can a carón de armaduras, armas e tres instrumentos musicais: un tambor ou timbal, unha trompeta natural e unha corneta moderna. O timbal dos nazaritas foi empregado polos españois, e o corno semicircular foi frecuente en Francia até 1665.

O cadro pertence á Colección Real. Formou parte da colección Isabel Farnesio, do Palacio da Granxa de San Ildefonso. A finais do século XVIII pasou a estar no Palacio de Aranjuez, e en 1848 pasou ao Museo do Prado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.