Ari-Pekka Nikkola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ari-Pekka Nikkola, nado o 16 de maio de 1969 en Kuopio, é un antigo saltador de esquí finés.

Comezou a competir profesionalmente en 1986, gañou dúas medallas de ouro en trampolín grande por equipos nas Olimpiadas de Inverno de 1988 e na de 1992. O seu mellor posto individual foi a praza 15º nas Olimpiadas de Inverno de 1998.

Nos Campionatos de Esquí Nórdico conseguiu sete medallas, catro ouros (trampolín grande por equipos: 1987, 1989, 1995 e 1997), dúas pratas (trampolín curto individual: 1989, trampolínm grande por equipos: 1991) e un bronze (trampolín curto individual: 1991). Retirouse en 1998.

Foi adestrador de Vasja Bajc e desde 2007 éo de Jernej Damjan de Eslovenia.