Archispirostreptus gigas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Archispirostreptus gigas
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Myriapoda
Clase: Diplopoda
Orde: Spirostreptida
Familia: Spirostreptidae
Xénero: Archispirostreptus
Especie: A. gigas
Nome binomial
Archispirostreptus gigas
(Peters, 1855)
Sinonimia[1]
  • Spirostreptus gigas, Peters, 1855
  • Aethiopistreptus attemsi, Verhoeff, 1938
  • Spirostreptus plumaceus, Voges, 1878
  • Spirostreptus semicylindricus, Voges, 1878
  • Spirostreptus opistheurys, Attems, 1902
  • Spirostreptus msalaensis, Kraus, 1958

Archispirostreptus gigas é un milpés xigante africano, que se cre é a especie máis longa de diplópodos existente, que crece ata os 38,5 cm de lonxitude e 67 mm de circunferencia. Ten aproximadamente 256 patas, aínda que o seu número de patas cambia con cada muda, polo que pode variar dun individuo a outro.[2][3]

É unha especie moi estendida nas terras baixas de África oriental, desde Mozambique a Kenya, pero raramente chega a altitudes de 1.000 m.[4] Vive principalmente en bosques, pero pode tamén encontrarse en áreas de hábiats costeiros que teñan algunhas árbores.[4]

A. gigas é de cor negra, e a miúdo tense como mascota. En xeral, os milpés xigantes teñen unha esperanza de vida de 5 a 7 anos.[5] Os milpés xigantes teñen principalmente dous modos de defensa para cando se senten ameazados: enroscarse formando unha apertada espiral deixando exposto só o seu exoesqueleto, e a secreción dun líquido irritante por poros do seu corpo. Este líquido pode ser nocivo se se introduce nos ollos ou na boca.[5]

A miúdo obsérvanse pequenos ácaros trepando polo seu exoesqueleto e entre as súas patas, cos cales os milpés teñen unha relación mutualista.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Spelda J. (2016). SysMyr: Systematic Myriapod Database (version Apr 2013). In: Species 2000 & ITIS Catalogue of Life, 29th January 2016 (Roskov Y., Abucay L., Orrell T., Nicolson D., Kunze T., Flann C., Bailly N., Kirk P., Bourgoin T., DeWalt R.E., Decock W., De Wever A., eds). Digital resource at http://www.catalogueoflife.org/col/details/species/id/b67b4036768e01b126a3097ef8174d9d. Species 2000: Naturalis, Leiden, the Netherlands. ISSN 2405-8858
  2. Mark Carwardine (2008). "Centipedes and millipedes". Animal Records. Sterling Publishing Company. pp. 216–217. ISBN 978-1-4027-5623-8. 
  3. "The Oregon Zoo". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2017. Consultado o 03 de xaneiro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 R. L. Hoffman (2000). "Millipedes". En Neil D. Burgess; G. Philip Clarke. Coastal forests of Eastern Africa. IUCN. ISBN 978-2-8317-0436-4. 
  5. 5,0 5,1 "Giant African millipede". Oakland Zoo. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2012. Consultado o August 1, 2011. 
  6. "Giant African Millipede" (PDF). rosamondgiffordzoo.org. Rosamond Gifford Zoo. 3 January 2006. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de maio de 2016. Consultado o 13 April 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]