Araceli Gestido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Araceli Gestido Rodríguez»)
Infotaula de personaAraceli Gestido
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Ameixoada, España Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa de Cangas
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata

Araceli Gestido Rodríguez, nada en Ameixoada (Moaña) en 1978, é unha política galega do BNG, actual alcaldesa do Concello de Cangas.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Ciencias Políticas. Emigrou ao Reino Unido onde sacou o carné profesional de autobuses. Traballa nunha empresa de transporte como responsable de calidade e atención ao cliente. Nas eleccións municipais de 2015 foi elixida concelleira de Moaña polo BNG e foi delegada de Benestar Social no goberno presidido por Leticia Santos Paz, pero dimitiu en 2016. Vive en Cangas dende o 2016. Nas eleccións municipais de 2023 encabezou a candidatura do BNG[2][3] e foi elixida alcaldesa de Cangas grazas ao apoio de PSOE, Esquerda Unida e Alternativa dos Veciños.[4][5]


Predecesor:
Victoria Portas
 
Alcaldesa de Cangas
 
2023 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]