Arab on Radar
| Arab on Radar | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Providence, Rhode Island, |
| Período | 1997 - 2002 2010 |
| Xénero(s) | noise rock |
| Selo(s) discográfico(s) | |
| Membros | Eric Paul Steve Mattos Jeff Schneider Craig Kureck |
| Antigos membros | Andrea Fiset |
| Web oficial | |
Arab on Radar foi unha banda de noise rock procedente de Providence, Rhode Island fundada no ano 1997. A banda desfaríase en outubro do ano 2002. Os seus membros formarían os grupos The Chinese Stars, Athletic Automaton e Made in Mexico. No ano 2010 a banda reformouse e ten a intención de editar un novo álbum.
Índice |
[editar] Biografía
O primeiro concerto de Arab on Radar foi na cafetería do campus da universidade de Rhode Island. O primeiro son da banda caracterizábase por distorsións moi densas, liñas de baixo repetitivas, ritmos de batería 4/4, e dúas guitarras ensordecedoras que empregaban melodías contrastadas e acordes case ao unísono, que fixo que os comparasen con The Contortions. Nos seus directos adoitaban a cuspir ao público, a facer parodias sobre a trisomía e a espirse completamente.
Despois da saída de Andrea Fiset, a banda desenvolveu un son máis tradicional e comezaron a ser comparados (ás veces de xeito despectivo) con Sonic Youth. Arab on Radar poden ser considerados un dos desencadenantes do revivalismo do no wave (tamén chamado neo-no wave), unha escena que comezou a gañar popularidade con bandas como Lightning Bolt e The Locust a principios do século XXI.
Three One G editou un DVD de Arab On Radar titulado Sunshine for Shady People no ano 2008. Nel inclúese un pequeno documental e imaxes dun feixe de concertos da banda.
O 13 de abril do 2010 Justin Pearson anunciou na súa páxina de Facebook que Arab on Radar reformárase. O 16 de abril Skin Graft Records anuncou que a banda tocaría no Dude Fest 2010, e que a esa actuación seguiríanlle máis datas. O grupo realizou unha xira pola costa leste estadounidense, porén cancelaron as súas datas na costa oeste e as sesións de gravación do seu novo álbum por razóns descoñecidas.
O 8 de setembro de 2011, o guitarrista Jeff Schneider anunciou no Facebook da banda o resto dos membros de Arab on Radar crearan o grupo Doomsday Student sen el, amosando a súa decepción pola traizón dos seus antigos compañeiros[1].
[editar] Discografía
- Queen Hygiene II - 1997
- Rough Day at the Orifice - 1998
- Soak the Saddle - 1999
- Yahweh Or The Highway - 2001
- The Stolen Singles - 2003