Lightning Bolt
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Lightning Bolt | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Providence, Rhode Island, Estados Unidos |
| Período | 1994 - actualidade |
| Xénero(s) | noise rock, rock exerimental |
| Selo(s) discográfico(s) | Load |
| Membros | Brian Chippendale Brian Gibson |
| Antigos membros | Hisham Bharoocha |
| Web oficial | http://www.laserbeast.com/ |
Lightning Bolt é un dúo de noise rock estadounidense procedente de Providence, Rhode Island, composto por Brian Chippendale na batería e nas voces e Brian Gibson no baixo. O grupo formouse no ano 1994 cando os seus membros, por aqueles temps un trío, asistían á Rhode Island School of Design. A banda asinou co selo Load Records en 1997, e editaron o seu álbum de estrea ese mesmo ano. En total, Lightning Bolt leva editados cinco álbums, varios sinxelos en vinilo e ten aparecido nun feixe de recompilatorios. Lightning Bolt son coñecidos polos seus directos, onde adoitan a tocar no chan en vez de nun escenario, co público ao redor deles cun son excesivamente alto e agresivo.
Discografía[editar]
- Lightning Bolt - 1997 (Load)
- Zone - 1997 (Load)
- Ride the Skies - 2001 (Load)
- Wonderful Rainbow - 2003 (Load)
- Hypermagic Mountain - 2005 (Load)
- Earthly Delights - 2009 (Load)
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Páxina oficial (en inglés)