Aquilino Parapar Franco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Viveiro, España |
Morte | 7 de marzo de 1938 A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Lingua | Lingua castelá |
Aquilino Parapar Franco, nado en Viveiro e finado na Coruña o 7 de marzo de 1938, foi un mariñeiro e sindicalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Militante da CNT, era membro do Sindicato de Industria Pesquera e foi directivo de El Despertar Marítimo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra o 12 e 13 de novembro de 1937, foi condenado a pena de morte. Foi fusilado no campo de Aragón o 7 de marzo de 1938 con xunto con José Feito García, Lino Carrión, Luis Ardao López, Alfonso Castrillo López e Andrés Pérez Adega.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Compostelano, 8-3-1938, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Aquilino Parapar Franco na páxina web Nomes e Voces.