Aprendizaxe por proxectos
A aprendizaxe por proxectos é un modelo de pedagoxía construtivista que ten como propósito promover unha aprendizaxe profunda através dun enfoque baseado en estimular no alumnado con indagacións en cuestións e conflitos que sexan ricos, reais e relevantes nas súas vidas.
Á hora de deseñar un proxecto é necesario partir dos coñecementos previos do alumnado, relacionalo cos obxectivos e competencias a acadar e ter en conta as súas propias achegas.
Índice |
[editar] Definición
Léa Fagundes, en Aprendizes do Futuro, deu a seguinte definición: "Um projeto para aprender vai ser gerado pelos conflitos, pelas perturbações nesse sistema de significações, que constituem o conhecimento particular do aprendiz".
Nos proxectos de aprendizaxe as dúbidas e intereses do alumnado crean o propio proxecto, ao existir pola súa parte interés por resolver as súas dúbidas.
Definido por Hernández (1998) como "Proxectos de traballo", a aprendizaxe por proxectos dá pé a unha maior interacción entre profesorado e alumnado, visto que constrúe un universo de accións diversificadas que permiten a participación activa do alumnado. Ao longo do traballo por proxectos, o profesorado desempeña o papel de mediador, desaparecendo o seu rol detentor único do saber.
[editar] Propósito
A aprendizaxe por proxectos é deseñada para ser usada con cuestións complexas que esixan investigación por parte do alumnado para seren entendidas. Non parece ser válido o uso de proxectos na aprendizaxe de simple información enciclopédica ou de feitos. Por exemplo, pódese pedir ao alumnado que analice a calidade da auga dun río local para aprender sobre o ambiente local e outras cuestións ambientais que o afectan.
A aprendizaxe por proxectos introduce novas formas de aprendizaxe-ensino, máis alá da ruptura cos paradigmas antigos na forma secuencial de presentación dos contidos, na clasificación do alumnado en series (feitos estes quebrados totalmente co decorrer do proceso), e principalmente, na quebra das actitudes xerais ante o coñecemento, facendo posíbel a aquisición e construción do verdadeiro saber por parte de todas as persoas involucradas no proceso, a través das inumerabeis posibilidades de adquisición de información.
Deste xeito é posíbel que o alumnado desenvolva habilidades e competencias respecto a calquera temática, utilizando estratexias diferentes de aprendizaxa, de modo que a súa propia forma de aprender sexa contemplada ao longo do desenvolvemento do proxecto de aprendizaxe.
[editar] Estrutura
Este é un enfoque para actividades de aula que enfatiza a aprendizaxe a longo prazo, interdisciplinar e centrada no alumnado. Esta forma de aproximación adoita ser menos estruturada cás actividades tradicionais, centradas no profesorado; nunha aula con proxectos o alumnado precisa acotío organizar o seu propio traballo e xestionar o seu tempo. Esa estrutura prevé que o alumnado colabore entre si e traballe entre el para entender o que están a facer. A aprendizaxe por proxectos tamén difire doutros enfoques na énfase que fai do traballo colaborativo, e tamén por se basear na bagaxe e recursos do alumnado para representar o que é aprendido.
[editar] Elementos
Algúns elementos para unha boa experiencia coa aprendizaxe por proxectos inclúen:
- Cuestións ou conflictos que partan dos intereses e dúbidas do alumnado, e que sexan orixinais, reais e relevantes para as súas vidas;
- Uso de tecnoloxías da comunicación e información;
- Aprendizaxe centrada no alumnado e que promova que este faga uso deliberado da súa autonomía;
- Colaboración
- Componentes multidisciplinares;
- Traballo a longo prazo; non é preciso que o proxecto sexa realizado en períodos de aula, nin sequera en tempo de aula;
- Debe ser orientada aos resultados, cun estudo, presentación e acción, como resultado da indagación orixinal.
[editar] Tecnoloxías dixitais na axuda da aprendizaxe por proxectos
Nos proxectos auxiliados pola tecnoloxía dixital a informática dá unha nova dinámica a este novo modelo de educación. Facilita a interacción e a participación activa do alumnado, unha vez que poden elaborar os seus proxectos en grupos on-line, permanentemente conectados. Os seus contidos, así como a súa constante actualización, é feita instantaneamente e fica dispoñíbel para quen desexe acceder a ditos contidos. O uso de software libre, os ambientes virtuais de aprendizaxe (como o Moodle, o Açai ou o Teleduc) son ferramentas dispoñibeis neste sentido que posibilitan, facilitan e enriquecen o traballo por proxectos. Nestes casos a participación é asíncrona, non instantánea.
[editar] Consideracións
Léa Fagundes, en Aprendizes do Futuro, achega a súa visión sobe este modelo:
Isto dá unha nova dimensión de ensino que ten en conta o desexo de aprender do alumnado, así como os seus coñecementos previos e a súa propia personalidade. O que aínda falta é saber moverse nese novo saber e conseguir auxiliar ao alumnado a desenvolver a súa intelixencia e avanzar na súa sabedoría.
[editar] Aplicación en Galiza
Non son moitos os centros de educación infantil e educación primaria que leven a cabo a aprendizaxe por proxectos. Algúns exemplos son:
- CEIP Vilaverde de Mourente (Pontevedra)
- CEIP Viñas de Poio
- CEIP A Rúa de Cangas
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Arias Correa, A. e Arias Correa, D.: Traballar por proxectos nas aulas de infantil e primaria. Xunta de Galicia, 2009.
- Barron, B.: "Doing with understanding: Lessons from research on problem- and project-based learning", en Journal of the Learning Sciences. 7(3&4), p. 271-311 (1998) (en inglés).
- Blumenfeld, P.C. et al.: "Motivating project-based learning: sustaining the doing, supporting the learning", en Educational Psychologist, 26, p. 369-398 (1991) (en inglés).
- Shapiro, B. L.: What Children Bring to Light: A Constructivist Perspective on Children's Learning in Science; New York. Teachers College Press (1994) (en inglés).
- Helm, J. H. e Katz, L.: Young investigators: The project approach in the early years. New York: Teachers College Press, (2001) (en inglés).
- Polman, J. L.: Designing project-based science: Connecting learners through guided inquiry. New York: Teachers College Press (2000) (en inglés).