Chamilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chamilo
Desenvolvedor(es)Membros da comunidade de Chamilo e socios profesionais
Última versiónChamilo LMS 1.11.26
(2023/09)
Sistema operativoMultiplataforma
TipoSistema de Administración de Cursos (LMS)
LicenzaGNU GPL
Sitio webchamilo.org

Chamilo é unha solución de software libre, con licenza baixo a GNU/GPLv3, de xestión do E-learning ou aprendizaxe electrónico desenvolvido co obxectivo de mellorar o acceso á educación e ó coñecemento global e que nace como directo sucesor do LMS Dokeos 1.8.6. É sostido pola Asociación Chamilo (asociación sen fin de lucro), que ten como obxectivo a promoción do software para a educación (e particularmente Chamilo), o mantemento dunha canle de comunicación clara e a construción dunha rede de fornecedores de servizos e contribuíntes ó software.

O proxecto Chamilo pretende asegurar a dispoñibilidade e calidade da educación a un custo reducido a través da distribución libre e gratuíta do seu software[1], da adaptación da súa interface para dispositivos do Terceiro Mundo[2] e da provisión dun campus e-learning de acceso libre.

Actualmente Chamilo conta con dúas vertentes:

  • A asociación Chamilo: xunta a institucións, empresas e particulares co obxectivo de garantir que Chamilo sexa sempre un proxecto de código libre. Entre os seus cometidos atópase tamén o ser propietaria da marca Chamilo para que esta nunca estea en mans de particulares.
  • Chamilo, o software: nace como continuación do proxecto Dokeos. A maior parte dos desenvolvedores desta comunidade, continúan o seu labor neste novo proxecto.

En Galicia, o CESGA, (Centro de Supercomputación de Galicia), utiliza Chamilo para a súa plataforma de e-learning, Aula Cesga. En decembro de 2011, esta plataforma contaba con máis de 20.000 usuarios.[3][4]. En marzo de 2013 a plataforma conta con máis de 35.000 usuarios.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]