Antonio Veiga Mejuto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1915 Ferrol, España |
Morte | 30 de agosto de 1951 (35/36 anos) Neda, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Familia | |
Irmáns | Agustín Veiga Mejuto |
Antonio Veiga Mejuto, coñecido como Cacharrón e Antonio Pérez, nado en Ferrol en 1915 e finado o en Neda o 30 de agosto de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Militante comunista. O seu irmán Agustín Veiga Mejuto foi fusilado o 5 de marzo de 1938 no castelo de San Felipe. Era un enlace da guerrilla da zona de Ferrol. En 1948 cando ía ser arrestado, botouse ao monte e integrouse na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia no grupo de Francisco Martínez Leira. Foi abatido pola Garda Civil no Puntal (Neda) o 30 de agosto de 1951 con outros tres compañeiros, José Antonio Castro López, José Sancho Riera e José Freire Barcia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. p. 137. ISBN 978-84-8341-166-7.
- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 470–473. ISBN 978-84-1176-172-7.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 137. ISBN 84-8485-231-8.