Antonio Núñez Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Núñez Vázquez
Biografía
NacementoLugo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónagente penitenciário (pt) Traducir , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio Núñez Vázquez, nado en Lugo, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Funcionario de prisións. Destinado no Penal de Figueres, foi trasladado ao Cárcere Modelo de Lugo en 1922.[1] Na República militou no Partido Republicano Gallego, do que foi elixido membro do Comité Regional en outubro de 1932.[2] Pasou a Izquierda Republicana e foi elixido vicesecretario do Consello provincial de Izquierda Republicana de Lugo.[3] Foi recadador de cédulas persoais da Deputación de Lugo.[4] Foi candidato a compromisario para elixir o presidente da República en abril de 1936.[5] Exiliado en Francia, foi xefe de relacións do Frente Liberador Gallego creado en Tolosa en 1944 e en decembro do ano seguinte foi nomeado secretario do Bloque Repubricán Nazonal Galego. Foi dado de baixa como oficial do corpo de prisóns en 1939,[6] e como consecuencia do proceso de depuración foi separado do servizo en abril de 1942.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Norte de Galicia, 11-7-1922, p. 1.
  2. El Compostelano, 26-10-1932, p. 1.
  3. El Pueblo Gallego, 11-10-1935, p. 14.
  4. El Progreso, 19-2-1936, p. 6
  5. El Pueblo Gallego, 24-4-1936, p. 13.
  6. BOE, 7-3-1939, p. 1321.
  7. BOE, 21-4-1942, p. 2798.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alted Vigil, Alicia; Mateos, Abdón (1990). La Oposición al régimen de Franco. Estado de la cuestión y metodología de la investigación. Madrid: UNED. p. 307. ISBN 84-362-2495-7.