Antonio Martínez López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Martínez López

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1942 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
A Fonsagrada, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ribadeo
1981 – 1983 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónMestre
Partido políticoCandidatura Progresista Independiente

Antonio Martínez López, nado na Fonsagrada o 14 de xuño de 1942, é un mestre e político galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre de profesión, dirixiu o Colexio Público de Ribadeo, actual CEIP Gregorio Sanz, en dous períodos. O primeiro, dende a súa posta en marcha en 1973 durante seis anos, e, despois de algo máis dun curso, volve á dirección ata que o deixa polo seu desexo dun inminente traslado ó IES Porta da Auga.

Durante un curto período foi xuíz substituto do distrito de Ribadeo, elixido entre unha terna proposta polo propio xulgado, despois de Agustín Gutiérrez. Dimitiu do cargo ó presentarse ás eleccións no ano 1979. Foi alcalde de Ribadeo como primeiro da lista da Candidatura Progresista Independiente entre 1981 e 1983, despois de, no mesmo mandato, dous alcaldes de UCD. Non se presentou á reelección.

A finais da década de 1970 foi cofundador da Asociación de veciños Ronsel á que se lle debe a existencia do nome de Alfredo Deaño no rueiro ribadense.[2] Foi cofundador tamén do Club de remo de Ribadeo, que marcou unha época de remo en bateis en Ribadeo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En conversa mantida o 25/05/2023
  2. Pombo, Ernesto Sanchez (1979-01-19). "Una calle de Ribadeo llevará el nombre del filósofo Alfredo Deaño". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-06-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Fojo Barcia
 
Alcalde de Ribadeo
 
1981 - 1983
Sucesor:
Jaime Vidaurrázaga Urbieta