Alfredo Deaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alfredo Deaño Gamallo, nado en Ribadeo o 6 de marzo de 1944 e finado en Madrid o 24 de xaneiro de 1978, foi un filósofo e lóxico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi profesor na Universidade de Oviedo e na Universidade Autónoma de Madrid. Foi membro do comité cultural de El País, colaborou na Revista de Occidente e foi asesor de Alianza Editorial.

Interesouse polas relacións entre a lóxica formal e disciplinas como a lingüística, a psicoloxía ou a propia filosofía. Estudou o pensamento de Wittgenstein e Carroll.

Entre as súas obras destaca Introducción a la lógica formal (1974), coa que logra unha introdución amena e con sentido do humor aos conceptos xerais da lóxica, á lóxica de enunciados e á lóxica de predicados de primeiro orde, así como esboza tamén algunhas outras lóxicas (clásicas e "non-clásicas"), e enuncia algunhas das cuestións lóxico-filosóficas máis importantes.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Introducción a la lógica formal 1. La lógica de enunciados Madrid, Alianza Editorial, 1974.
  • Introducción a la lógica formal 2. La lógica de predicados Madrid, Alianza Editorial, 1974.
  • Las concepciones de la lógica, Madrid, Taurus, 1980.
  • El resto no es silencio: escritos filosóficos (con Jesús Hernández e Javier Muguerza), 1984.

Traduciónes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]