Antonio Aguiar Monserrat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Aguiar Monserrat
Biografía
Nacemento1827 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de marzo de 1905 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico , político Editar o valor em Wikidata

Antonio Aguiar Monserrat, nado na Coruña en 1827 e finado en Vigo o 13 de marzo de 1905, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Foi farmacéutico en Vigo, primeiro na rúa Imperial e despois no Calvario. Tamén foi farmacéutico do Lazareto de San Simón. Militou no Partido Progresista Demócrata e foi elixido deputado a Cortes por Pontevedra nas eleccións de agosto de 1872. Foi concelleiro de Vigo, deputado provincial e vicepresidente da Deputación de Pontevedra. Finou en Vigo o 13 de marzo de 1905.[1][2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Josefa de la Morena de la Morena.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Miño, 14-3-1905, p. 2.
  2. Noticiero de Vigo, 12-3-1906, p. 2.
  3. El Diario de Pontevedra, 11-5-1904, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. p. 20. ISBN 978-84-8457-448-4.