Antoine Meillet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antoine Meillet, de nome completo Paul-Jules-Antoine Meillet, nado o 11 de novembro de 1866 e finado o 21 de setembro de 1936, é o principal lingüista francés dos primeiros decenios do século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Sorbona a partir de 1885, segue en especial as clases de Michel Bréal no Collège de France e de Ferdinand de Saussure na École pratique des hautes études. En 1890, unha misión dun ano no Cáucaso permítelle estudar o armenio moderno. Á súa volta en Francia, ocúpase despois de Saussure o curso de gramática comparada, que completa a partir de 1894 cun seminario sobre o iranio.

En 1897, defende a súa tese de doutoramento (Investigacións sobre o emprego do xenitivo-acusativo en antigo eslavo). En 1902, obtén a cátedra de armenio da Escola de linguas orientais. En 1905, ocupa a cátedra de gramática comparada no Collège de France, onde consagra os seus cursos á historia e á estrutura das linguas indoeuropeas.

Secretario da Société de linguistique de Paris, é elixido para a Académie des inscriptions et Belles-Lettres en 1924.

Formou toda unha xeración de lingüistas franceses, entre os cales destacan Émile Benveniste, Marcel Cohen, Georges Dumézil, André Martinet, Aurélien Sauvageot, Lucien Tesnière, Joseph Vendryes.

Influíu tamén un número de lingüistas non franceses, entre os cales Milman Parry. En especial é o inspirador da definición da frase adoptada polo lingüista americano Leonard Bloomfield. Igualmente foi o primeiro en identificar o fenómeno da gramaticalización.

Obras principais[editar | editar a fonte]

  • Esquisse d'une grammaire comparée de l'arménien classique, 1903.
  • Introduction à l'étude comparative des langues indo-européennes, 1903.
  • Les dialectes indo-européens, 1908.
  • Linguistique historique et linguistique générale, 1921.
  • Esquisse d'une histoire de la langue latine, 1928.
  • La méthode comparative en linguistique historique, 1928.
  • Dictionnaire étymologique de la langue latine, 1932 (en collab. avec Meillet (Antoine 1866-1936), éd. augmentée, par Jacques André (1910-1994), Paris : Klincksieck, 2001, ISBN 2-252-03359-2 Notice n° : FRBNF37707942)