Antífanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antífanes, nado en Esmirna ou Rodas no 408 a.C. e finado en Atenas no 334 a.C., foi un comediógrafo grego, un dos máis importantes da comedia ática media xunto con Alexis.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antífanes viviu en Atenas durante o florecimento da "comedia media". Comezou a escribir arredor de 387 a.C. e atribúenselle 365 comedias, das que coñecemos o título dunhas 200. Non se conserva ningunha obra súa enteira, só fragmentos, arredor de trescentos, recollidos por Ateneo de Naucratis. Os temas evaden as polémicas políticas e só pretenden o divertimento e a evasión e xiran arredor de asuntos mitolóxicos ou da realidade cotiá.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]