Ateneo de Naucratis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ateneo (Naucratis, Exipto, séculos II-III) foi un erudito grego de quen pouco se sabe mais a quen se lle debe o coñecemento de numerosos autores clásicos.

O banquete dos sabios, ou Deipnosophistae, é unha escolla de noticias e citas de textos duns 750 autores dos que doutra maneira non se sabería nada. Esta obra chegounos reducida a 15 libros através dun epítome medieval. Ten a forma dun diálogo entre varios eruditos reunidos na casa do rico romano Publio Livio Laurencio. Os temas de que falan inclúen a comida, o luxo, a dieta, a saúde, as relacións sexuais, a pornografía, a música, o humor e a lingüística.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]