Anna (satélite)
|
|
|
|---|---|
|
|
|
| Tipo | Satélite xeodésico. |
| Fabricante | |
| Contratistas principais | Applied Physics Laboratory (Universidade Johns Hopkins)[1] |
| Data de lanzamento | 31 de outubro de 1962[2][3][4] |
| Foguete portador | Thor[3][5] |
| Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[3] |
| Obxectivo da misión | Estudios xeodésicos para medir a forza e dirección co campo gravitatorio terrestre.[3][1] |
| NSSDC ID | 1962-060A |
| Masa | 161 kg[3][5] |
| Dimensións | 0,91 m de diámetro[1] |
| Baterías | Níquel-cadmio[1] |
| Semieixo maior | 7505,4 km[2] |
| Inclinación | 50,1 graos[2] |
| Apoapse | 1187,7 km[2] |
| Periapse | 1081,0 km[2] |
Anna (acrónimo de "Army, Navy , NASA, Air Force") foi un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado o 31 de outubro de 1962 desde Cabo Cañaveral mediante un foguete Thor.
Índice |
Características [editar]
Anna, oficialmente denominado Anna 1B, tivo un predecesor lanzado o 10 de maio de 1962 que fallou en alcanzar órbita.[1][6]
A misión de Anna consistíu en servir de referencia para facer estudios xeodésicos de precisión, permitindo medir a forzar e dirección do campo gravitatorio da Terra, localizar o centro de masas terrestre e establecendo posicións sobre a superficie.[1]
Anna tiña forma de esfera de 0,91 metros de diámetro e tiña un peso de 161 kg. Obtiña a súa enerxía dunha banda de células solares situadas no ecuador do satélite que alimentaban baterías de níquel-cadmio. A antena de comunicacións envolvía en espiral a superficie do satélite.[1]
A instrumentación da nave incluía sistemas ópticos e de localización por radio e Doppler. O sistema óptico consistía nunha baliza de alta intensidade activada por comandos preprogramados para disparar series de cinco flashes cun intervalo de 5,6 segundos entre eles cuxo fin era obter un posicionamento óptico desde terra mediante a obtención de fotografías do satélite. O sistema Doppler tamén podía ser programado desde terra. En conxunto, o sistema óptico e Doppler podían proporcionar posicionamentos cunha precisión de 20 metros ou menos.[1]
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Anna" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/anna.htm. Consultado o 3 de decembro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "ANNA 1B" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=446. Consultado o 3 de decembro de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Anna 1B" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1962-060A. Consultado o 3 de decembro de 2011.
- ↑ "Letter dated 10 December 1962 from the Permanent Representative of the United States of America to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (62-29259T). 12 de decembro de 1962. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=1089.
- ↑ 5,0 5,1 "Anna 1A, 1B" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/anna.htm. Consultado o 3 de decembro de 2011.
- ↑ "Anna 1A" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=ANNA1. Consultado o 3 de decembro de 2011.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Bramscher, Robert G (1980). "A Survey of Launch Vehicle Failures". Spaceflight 22: 351.