Andrei Rublev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrei Rublev

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Андрей Рублёв Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementodécada de 1360 Editar o valor em Wikidata
Gran Ducado de Moscova Editar o valor em Wikidata
Morte29 de xaneiro de 1430 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (60/70 anos)
mosteiro Andronikov Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Peste Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturamosteiro Andronikov Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGran Ducado de Moscova Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , iconógrafo , iluminador Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoIcon painting (en) Traducir e miniatura Editar o valor em Wikidata
ProfesoresTeófanes, o Grego (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa4 de xullo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Páxina webandrey-rublev.ru Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: 9ad4d8cf-1ed0-4635-ba30-d2eda1bfc99f Find a Grave: 24005771 Editar o valor em Wikidata
Trindade, célebre icona de Rublev

Andrei Rublev (en ruso: Андрей Рублёв, [ɐnˈdrʲej rʊˈblʲɵf]), nado na década de 1360 e finado en Moscova o 29 de xaneiro de 1427 ou 1430, ou o 17 de outubro de 1428, foi un pintor ruso, considerado un dos maiores artistas medievais dedicado aos frescos e iconas ortodoxas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Existe pouca información sobre a vida de Andrei Rublev e mesmo se descoñece onde naceu. Probablemente viviu no lavra da Trindade e San Serxio, preto de Moscova, baixo Nikon de Radonezh, que se converteu en hegúmeno trala morte de Sergii Radonezhsky en 1392. A primeira mención de Rublev é en 1405, cando decorou con frescos e iconas a catedral da Anunciación do Kremlin de Moscova, en compañía de Theophanes o Grego e Prokhor de Gorodets. O seu nome é o último na listaxe de mestres, tanto por rango como por idade. Theophanes foi un mestre importante da arte bizantina, que se mudara a Rusia e considérase que adestrou a Rublev.

Carreira[editar | editar a fonte]

As crónicas contan que en 1408 pintou xunto con Daniil Chyorny a catedral da Asunción de Vladimir ademais da catedral da Trindade no laura da Trindade e San Serxio entre 1425 e 1427. Trala morte de Daniil, Rublev chegou ao mosteiro Andronikov de Moscova, onde pintou as súas últimas obras, os frecos da catedral do Salvador. Crese que pintou polo menos unha das miniaturas dos evanxeos de Khitrovo.

A única obra autentificada como completamente propia é a icona da Trindade (c. 1410, conservado na galería Tretyakov de Moscova). Está baseado nunha icona anterior coñecida como a "Hospitalidade de Abraham", que ilustra o capítulo 18 do libro da Xénese. Rublev suprimiu as figuras de Abraham e Sara da escena, e a través dun sutil uso da composición e o simbolismo cambiou o tema para centrarse no misterio da Trindade.

Na arte de Rublev combínanse dúas tradicións: o máis elevado ascetismo e a harmonía clásica do manierismo bizantino. As personaxes das súas pinturas están sempre en paz e calma. Despois dun tempo a súa arte comezou a ser percibida como o ideal da pintura da igrexa oriental e da iconografía.

Rublev faleceu no mosteiro de Andronikov.

Legado[editar | editar a fonte]

O Stoglavi Sobor (1551) promulgou o estilo das iconas de Rublev como modelo para a pintura eclesiástica. Dende 1959, o Museo Andrei Rublev no mosteiro Andronikov mostra a súa obra e arte relacionada.

A igrexa ortodoxa rusa canonizou a Rublev como santo en 1988, celebrado a súa festividade o 29 de xaneiro[1] e/ou o 4 de xullo.[1][2][3] O calendario litúrxico da Igrexa Episcopal dos Estados Unidos de América lembra a Rublev o 29 de xaneiro.

En 1966, Andrei Tarkovskii dirixiu o filme Andrei Rublev, vagamente baseado na vida do artista. Converteuse no primeiro e quizais único filme producido na Unión Soviética que tratou o artista como figura histórica mundial e a cristiandade como axioma da identidade histórica rusa,[4] durante un periódico turbulento da historia de Rusia.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Saint Herman Calendar 2006". Platina CA: Saint Herman of Alaska Brotherhood. 2006: 12, 56. 
  2. Church Calendar Arquivado 21 de xullo de 2006 en Wayback Machine. (en ruso)
  3. "Moscow Patriarchate Glorifies Saints". Orthodox America IX (82). agosto de 1988. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2008. Consultado o 16 de marzo de 2008. 
  4. Hoberman, Jim. "Andrei Rublev". The Criterion Collection. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2008. Consultado o 6 de decembro de 2007. 
  5. Algúns estudosos consideran que é obra de Theophanes o Grego

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mikhail V. Alpatov, Andrey Rublev, Moscova: Iskusstvo, 1972.
  • Gabriel Bunge, The Rublev Trinity, transl. Andrew Louth, St. Vladimir's Seminary Press, Crestwood, Nova York, 2007
  • Sergius Golubtsov, Voplosh’enie bogoslovskih idey v tvorchestve prepodobnogo Andreya Rubleva [The realization of theological ideas in creative works of Andrey Rublev]. Bogoslovskie trudy 22, 20–40, 1981
  • Viktor N. Lazarev, The Russian Icon: From Its Origins to the Sixteenth Century, Gerold I. Vzdornov (ed.). Collegeville, MN: Liturgical Press, 1997
  • Priscilla Hunt, Andrei Rublev’s Old Testament Trinity Icon in Cultural Context, The Trinity-Sergius Lavr in Russian History and Culture: Readings in Russian Religious Culture, vol. 3, ed. Deacon Vladimir Tsurikov, (Jordanville, NY: Holy Trinity Seminary Press, 2006), 99-122
  • Priscilla Hunt, Andrei Rublev’s Old Testament Trinity Icon: Problems of Meaning, Intertextuality, and Transmission, Symposion: A Journal of Russian (Religious) Thought, ed. Roy Robson, 7-12 (2002–2007), 15-46
  • Georgij Yu. Somov, Semiotic systemity of visual artworks: Case study of The Holy Trinity by Rublev Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine., Semiotica 166 (1/4), 1-79, 2007

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]