Andoriña dos penedos
| Andoriña dos penedos | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| ''Ptyonoprogne rupestris'' (Scopoli, 1769) |
|||||||||||||||
|
Verde residente todo o ano e laranxa visitante durante o verano.
|
|||||||||||||||
A andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), é unha ave da familia das andoriñas, que aniña en casas, paredes rochosas, pontes, etc. É unha especie de ampla distribución por Europa, África e Asia. Na península ibérica aparece estacionalemnte no norte e hai poboacións residentes ou migradoras de curta distancia no sur.
Descrición [editar]
Mide 15 cm de pico a cola.
En España atópase principalmente de marzo a novembro, aínda que existen individuos que fican no noso país durante todo o ano. Ten o corpo avultado, pescozo ancho e ás anchas terminadas en punta. A plumaxe da gorxa está lixeiramente riscado e é bastante escura. As plumas da cola (rectrices) teñen motas brancas, e esta non é tan aforcada como no resto dos andoriñas. A plumaxe xeral é parda, aínda que a zona inferior é menos escura. Voo moi áxil preto das rochas ou zona de percha.