Amelia de Xirona
Nome orixinal | (la) Amelia Gerundense |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século III Xirona |
Morte | 304 (Gregoriano) Xirona |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Lingua | Lingua catalá |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 5 de xaneiro |
Santa Amelia é unha dos mártires cristiáns que morreron en Xirona durante as persecucións de Diocleciano, a comezos do século IV.
O seu nome aparece nun vello breviario de Xirona, xunto con outros mártires, tales como os Catro Santos Mártires ou Fiz, tamén morto, arredor do ano 303-304. En 1336, Arnau de Mont-rodon, bispo de Xirona, descubriu as reliquias de mártires e dedicou a eles a capela dos Santos Mártires, na Catedral de Xirona, onde hoxe se atopa a tumba dos catro mártires. A falta de datos fai que non sexa posible garantir nin sequera se existiu realmente, mais o feito de que non ten unha lenda fai que sexa máis crible que sexa unha mártir real.[1]