Amanita pantherina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Amanita pantherina
Amanita pantherina 1.JPG
Clasificación científica
Reino: Fungos
División: Basidiomycota
Clase: Homobasidiomycetes
Subclase: Hymenomycete
Orde: Agaricales
Familia: Amanitaceae
Xénero: Amanita
Nome científico
''Amanita pantherina''
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A Amanita pantherina é un cogomelo velenoso bastante común, da orde das Agaricales, de cor parda e con volva e anel.

En castelán recibe os nomes de pantera ou falso galipierno; en catalán, pixacá.

Índice

[editar] Descrición

O sombreiro é primeiro convexo pero ó madurar adopta unha forma plana, ben aberta, de ata 10-12 cm de diámetro, de superficie viscosa e cor parda, con variacións desde o gris ata o café claro ou amarelento, máis escuro no centro. Presenta unhas pequenas manchas brancas (como as que caracterizan á Amanita muscaria), caedizas e que poden ser arrastradas pola chuvia. O bordo é claramente estriado desde novas, o que constitúe un trazo característico.

As laminiñas son brancas, libres e moi numerosas. As esporas son tamén brancas, de 9-12 por 7-9 micras, lisas e non amiloides.

O pé é recto e branco, engrosado cara a base, oco no centro e de ata 15 cm de altura. Presenta un anel branco e pequeno, que adoita desaparecer, polo que a súa presenza ou ausencia non é significativa. A volva da base é ampla e ben visible, co bordo nítido, e posúe ademais uns engrosamentos como cordóns que parecen subir polo pé.

A carne é branca e de sabor lixeiramente doce, que pasa a acre cando madura. Co tempo vai tornándose cada vez máis parda. O olor é débil ó principio e repugnante ó madurar.

[editar] Hábitat

Aparece desde fins de verán ata mediados de outono, baixo bosques de coníferas ou, sobre todo, frondosas.

[editar] Diferenciación

Recoñécese con relativa facilidade pola cor do sombreiro, as manchiñas brancas e a volva do pé. Especies semellantes serían as lepiotas, pero estas son moito máis grandes; con escamas grandes, castañas e non caedizas; e nunca posúen volva. Tamén pode confundirse coa Amanita spissa, que ten as manchiñas grisáceas, un anel amplo e estriado e un pé coa superficie escamosa.

[editar] Toxicidade

A Amanita pantherina é unha especie velenosa, que provoca unha intoxicación grave denominada Síndrome panteriniano. O cadro clínico cursa con síntomas gastrointestinais (náuseas, vómitos e diarreas) ó cabo de 1-3 horas despois do consumo. Máis tarde aparecen alteracións visuais e sensoriais, incoordinación motora e mesmo perda de coñecemento. Rara vez provocan a morte.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • GARCÍA ROLLÁN, Mariano (1986): Manual para buscar setas. Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Madrid.
  • NONIS, Umberto (1981): Setas. Descrición, localización, toxicidad y valor culinario. Daimon, Madrid.
  • VV. AA. (1986): Setas. Editorial Blume S. A., Barcelona.

[editar] Outros artigos

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Ligazóns externas

Cogomelos alucinóxenos


Amanita gemmata | Amanita muscaria | Amanita pantherina | Cogomelos psilocibios | Conocybe cyanopus | Conocybe smithii | Gymnopilus spectabilis | Gymnopilus luteofolius | Inocybe aeruginascens | Panaeolus subbalteatus | Panaeolus tropicalis |Psilocybe australiana | Psilocybe azurescens | Psilocybe baeocystis | Psilocybe bohemica | Psilocybe cyanescens | Psilocybe cubensis | Psilocybe mexicana | Psilocybe semilanceata | Psilocybe tampanensis | Psilocybe weilii

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas