Amador Iglesias Pardo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 (113/114 anos) Viveiro, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Amador Iglesias Pardo, coñecido como Ferrenchín, nado en Viveiro cara a 1919, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 6 de setembro. Xulgado por auxilio á rebelión na causa 212/36 foi condenado a 12 anos de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1937.[1] Preso no cárcere de Lugo, saíu en liberdade provisional o 20 de agosto de 1940.[2] Incorporouse á III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Foi procesado en 1949 polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo na causa 339/49 xunto con Plácido Rivera Cociña, Modesto Serantes, Jesús Iglesias Escourido e Juan Casabella.[3] Publicouse unha nova requisitoria contra eles en abril de 1950.[4] Detido e xulgado, foi condenado a prisión. Preso na Colonia Penitenciaria del Dueso (Santoña), saíu en liberdade provisional en 1959.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BOP Lugo, 4-10-1943, p. 4.
- ↑ BOE, 27-10-1941, p. 8368-8369.
- ↑ Requisitorias, El Progreso, 13-11-1949, p. 2.
- ↑ El Progreso, 21-4-1950, p. 2.
- ↑ BOE, 17-4-1959, p. 5771.