Alonso Sánchez Coello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlonso Sánchez Coello

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1531 Editar o valor em Wikidata
Benifairó de les Valls (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de agosto de 1588 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Madrid Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Aragón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato Editar o valor em Wikidata
MovementoRenacemento hispánico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosIsabel Sanchez Coello Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 3e862e81-853c-4f1f-98bc-171c6bd6d57b Discogs: 2857409 Editar o valor em Wikidata

Alonso Sánchez Coello, nado en Benifairó de les Valls, Valencia, c. 1531 e finado en Madrid o 8 de agosto de 1588, foi un pintor español, pintor de cámara de Filipe II.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa formación como artista comezou en Lisboa, como protexido polo rei Xoán III. Marchou despois a Flandres, onde estudou con Antonio Mouro. En 1555 estaba de regreso en España, onde se converteu no retratista da familia real e da súa contorna máis próxima. A súa filla, Isabel Sánchez, pupila súa, foi unha importante retratista.

Retrato de Filipe II, realizado por Sánchez Coello

Estilo[editar | editar a fonte]

Era admirador de Tiziano, como el, experto en retratos e figuras sinxelas e dun detallismo propio de Velázquez. Entre a súa obra, atópanse diversas escenas relixiosas para a igrexas e os nobres da corte, aínda que a súa fama débea aos retratos, todos eles da familia real ou a súa contorna próxima. Son retratos de gran sinxeleza nos que reflicte sen artificio aos personaxes, case sempre situados ante un fondo neutro (unha cortina de cor escura) que acentúa as cores e calidades das roupaxes.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Filipe II, c. 1557, Kunsthistorisches Museum, Viena (Austria);
  • Alejandro Farnesio, 1561, Museo de Meadows, Dallas (Estados Unidos);
  • O Arquiduque Rodolfo de Austria, 1567, Coleccións Reais de Hampton Court (Reino Unido);
  • As infantas Isabel Clara Eugenia e Catalina Micaela, c. 1568, Mosteiro das Descalzas Reais;
  • As fillas de Filipe II, c. 1575, Museo do Prado;
  • Infantes don Diego e don Felipe, 1579, Mosteiro das Descalzas Reais;
  • Infanta Isabel Clara Eugenia e Magdalena Ruiz, c. 1585, Museo do Prado;
  • O Príncipe don Carlos, c. 1557, Museo do Prado;
  • Tres santos, 1582, Museo do Prado.