Alloa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 56°06′58″N 3°47′45″W / 56.1161°N 3.7959°W / 56.1161; -3.7959

Vista xeral de Alloa

Alloa (en gaélico escocés Alamhagh) é unha vila de Escocia, centro administrativo do concello de Clackmannanshire. Está situada a 10 quilómetros ó leste de Stirling, na ribeira norte do río Forth. Segundo o censo de 2001 a súa poboación é de 18.989 habitantes.