Alicia Magdalena Sintes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlicia Magdalena Sintes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Sant Lluís, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade das Illas Baleares Editar o valor em Wikidata
Director de teseJaume Carot (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísico teórico , investigadora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade das Illas Baleares, profesora universitaria (2002–)
Max Planck Institute for Gravitational Physics (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 556425

Alicia Magdalena Sintes, nada en Sant Lluís (Menorca) en 1969, é doutora en física pola Universidade das Illas Baleares (UIB) e profesora titular universitaria na área de física teórica. A súa investigación céntrase no campo da astronomía de ondas gravitacionais.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse no ano 1992 en física pola Universidade das Illas Baleares. Obtivo o doutoramento en 1996 pola mesma universidade. Continuou como bolseira Marie Curie e máis tarde como investigadora posdoutoral sénior no Albert Einstein Institut, dentro do Instituto Max Planck[2] de Alemaña. Lidera o grupo de física gravitacional na UIB e é secretaria do Instituto de Aplicacións Computacionais e Código Comunitario (IAC3)[3]

As súas actividades de investigación cobren o campo da astronomía de ondas gravitacionais, sendo unha experta na posta a punto de detectores interferométricos, no estudo e procura de estrelas de neutróns e sistemas binarios de buracos negros.[4]

Uniuse á Colaboración Científica LIGO (LSC) e GEO en 1997, e é membro do consello LIGO-LSC e do comité executivo de GEO, así como do Consorcio LISA e do Equipo Científico do Telescopio Einstein. É membro do Instituto de Estudos Espaciais de Cataluña (IEEC), o Instituto Menorquín de Estudos (IME) e investigadora asociada Severo Ochoa no Instituto de Física Teórica (UAM-CSIC) de Madrid.[5][6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2021 - Elixida como unha das dez científicas máis relevantes de España pola Fundación Aquae.[7]
  • 2018 - Nomeada “Filla Predilecta de Sant Lluís”
  • 2018 - Membro da “Selección Española de Ciencia 2018” de QUO e CSIC
  • 2018 - Premio Bartomeu Oliver 2018 da Obra Cultural Balear[8]
  • 2017 - Premio Ramon Llull 2017 do Goberno das Illas Baleares[8]
  • 2017 - Premio Medalla de Ouro de Palma 2017[9]
  • 2017 - Cogalardonada co premio Princesa de Asturias 2017
  • 2016 - Premio Jaume II 2016 do Consell de Mallorca[10]
  • 2016 - Galardoada xunto ao resto do equipo LIGO co premio Gruber de Cosmoloxía 2016

Notas[editar | editar a fonte]