Aliança Catalana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aliança Catalana
Partido político de Cataluña
Dirixentes e organización
LíderSílvia Orriols
Historia
Fundación2020
Posicións políticas
IdeoloxíaIndependentismo catalán
Extrema dereita
Representación
Concelleiros de Cataluña
8 / 9.069
[1]
Outros datos
SedeSant Jaume, 5, bxs. Ripoll
Na rede
aliancacatalana.cat
Facebook: CatalunyaAC Twitter: CatalunyaAC Instagram: catalunyaac Telegram: catalunyaac Youtube: UCeduonJCGsWpOyhnj3onYEg Editar o valor em Wikidata

Aliança Catalana (en galego: Alianza Catalá) é un partido independentista catalán de extrema dereita fundado en Ripoll en 2020. Avoga polo proteccionismo das empresas catalás, a separación entre Estado e relixión e a defensa da economía de mercado. O partido tomou posición contra o bilingüismo en Cataluña e tamén contra a inmigración, feito polo que foi considerado islamófobo.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O 31 de marzo de 2020, Sílvia Orriols, daquela concelleira en Ripoll por Front Nacional de Catalunya (FNC), abandonou FNC por diferenzas sobre o fenómeno da inmigración magrebí,[3] criminalizándoa con discursos islamófobos, logo de instrumentalizar o malestar social tras os atentados en Cataluña en 2017.[4]

Meses despois, o 29 de xullo de 2020, Sílvia Orriols e a agrupación local do FNC decidiron crear un novo partido político que representase o nacionalismo catalán, podería mellorar a seguridade pública e reducir a inmigración magrebí.

En maio de 2023, Aliança Catalana gañou as eleccións municipais en Ripoll ao conseguir seis concelleiros[5][6] cun discurso antiinmigración e introducindo conceptos propios da ultradereita como a teoría da conspiración da gran substitución ou un suposto " choque civilizatorio".[7] Nos outros dous concellos onde concorreu gañou un concelleiro en Manlleu e outro en Ribera d'Ondara.[8] O 12 de xuño, o resto das forzas políticas do concello de Ripoll tentaron facer un pacto para impedir que Aliança Catalana gobernase o municipio,[9] mais Junts per Catalunya finalmente non participou no acordo e Orriols foi investida alcaldesa o 17 de xuño de 2023.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nació Digital (ed.). "Resultats de les Eleccions Municipals 2023". Consultado o 31 de maio de 2023. 
  2. Benítez, Óscar (15 de febreiro de 2022). "Aliança Catalana, la ultraderecha separatista que carga contra la inmigración y el bilingüismo". El Liberal. Consultado o 28 de maio de 2023. 
  3. "Tots els membres de Ripoll del FNC deixen les sigles del partit". 2023-05-28. Consultado o 2023-05-28. 
  4. Bou, David; Fayos, Ester (2023-05-29). Directa, ed. "Vox aconsegueix 395 regidors en municipis d'arreu dels Països Catalans" (en catalán). Consultado o 2023-05-29. 
  5. Europa Press, ed. (28 de maio de 2023). "En Ripoll (Girona), con el 100% escrutado, gana Sílvia Orriols (Aliança Catalana)". Consultado o 28 de maio de 2023. 
  6. TV3, ed. (2023-05-29). "Telenotícies comarques - Victòria d'Aliança catalana a Ripoll amb sis regidors" (en catalán). Consultado o 2023-05-29. 
  7. Rodríguez, Jesús; Garcia, Gemma; Bou, David (2023-05-31). Directa, ed. "L’exclusió electoral afavoreix la irrupció de l’extrema dreta de Vox i Aliança Catalana" (en catalán). Consultado o 2023-05-31. 
  8. "L’extrema dreta catalana es fa forta al nord i a l’interior de Catalunya". El Periódico de Catalunya. 28 de maio de 2023. Consultado o 29 de maio de 2023. 
  9. 324cat (2023-06-12). "Pacte a Ripoll perquè no governi l'Aliança Catalana de Sílvia Orriols, d'extrema dreta" (en catalán). Consultado o 2023-06-12. 
  10. 324cat (2023-06-17). "L'extrema dreta de Sílvia Orriols governarà Ripoll pel desacord entre Junts, ERC, el PSC i la CUP" (en catalán). Consultado o 2023-06-19.