Alfred Newman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfred Newman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1901 Editar o valor em Wikidata
New Haven, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte17 de febreiro de 1970 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Hollywood, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteEnfisema pulmonar Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica cinematográfica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de orquestra , actor , compositor de bandas sonoras , compositor , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1915 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica cinematográfica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoMercury Records Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMartha Montgomery (1947–1970)
FillosDavid Newman, Maria Newman (pt) Traducir, Thomas Newman Editar o valor em Wikidata
IrmánsEmil Newman (en) Traducir e Lionel Newman (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesRandy Newman (pt) Traducir (sobriño) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0000055 Allmovie: p104370 TCM: 140480 IBDB: 91675
Facebook: alfrednewmanhollywood Musicbrainz: dbe22c4f-6a21-4b7c-ad09-e4048d1065bc Discogs: 283107 Allmusic: mn0000002130 WikiTree: Newman-12607 Find a Grave: 2080 Editar o valor em Wikidata

Alfred Newman, nado en New Haven (Connecticut) o 17 de marzo de 1901 e finado en Hollywood o 17 de febreiro de 1970 foi un compositor e director de música cinematográfica estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Newman naceu en New Haven, sendo o maior de dez irmáns. Prodixio musical, comezou a estudar piano con cinco anos con Sigismund Stojowski, e camiñaba dez millas cada día para practicar no piano dun veciño.[1] Puido axudar á súa pobre familia co diñeiro que gañaba por tocar en teatros e restaurantes. Traballou en vodevís e estudou composición e aos vinte anos estaba en Broadway, compoñendo e dirixindo musicais George Gershwin, Richard Rodgers e Jerome Kern. En 1930 acompañou a Irving Berlin a Hollywood,[2] onde recibiu clases privadas de Arnold Schoenberg.

Tras traballar con Berlin no filme Reaching for the Moon, atopou traballo con Samuel Goldwyn e United Artists, escribindo a súa primeira banda sonora completa, Street Scene. En 1940 comezou unha carreira de vinte anos como director musical da 20th Century-Fox, para a que compuxo a fanfarra que acompaña o logotipo. Newman estivo en activo ata a fin da súa vida, compoñendo a súa última banda sonora, Airport (1970) pouco antes da súa morte, producida por un enfisema.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Entre 1930 e 1970 Newman escribiu a música de máis de 200 filmes. Newman gañou nove premios Oscar, terceiro tras Walt Disney e Cedric Gibbons. Foi o compositor con máis candidaturas aos premios (corenta e cinco) ata que John Williams o igualou en 2006 e o superou en 2012. Foi candidato ao Oscar polo menos unha vez cada ano entre 1938 e 1957.

Algúns das súas obras principais son:

Familia Newman[editar | editar a fonte]

Newman foi o cabeza de familia dunha longa saga de compositores cinematográficos, entre os que destacan os seus irmáns Lionel e Emil; os seus fillos David, Thomas e Maria; o seu sobriño Randy e os seus sobriños Joey Newman e Jaclyn Newman Dorn.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Alfred Newman (1901-1970) - head of a musical dynasty", mfiles U.K.
  2. Biography of Alfred Newman, Virginia Tech Multimedia Music Dictionary

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]