Alex Barros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alex Barros
Barros Motegi2004.jpg
Alex Barros en Motegi 2004.
Nacionalidade Flag of Brazil.svg Brasil
Nº Moto 4
Equipo actual Retirado
Campionatos mundiais
Vitorias 7
  • 4 en 500 cc
  • 3 en Moto GP
Podios 32
  • 18 en 500 cc
  • 14 en MotoGP
Pole positions 5
  • 3 en 500 cc
  • 2 en MotoGP
Voltas rápidas 14
  • 8 en 500 cc
  • 6 en MotoGP

Alexandre Abraão de Barros ou Alex Barros, nado en São Paulo o 18 de outubro de 1970, é un piloto brasileiro de motociclismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Fillo dun ciclista, comezou a súa carreira aos oito anos de idade sendo campión de minimotos. Foi campión brasileiro de 50cc e en 1985 de 250cc. En 1986 inicia a súa carreira internacional competindo no Campionato do Mundo de Motociclismo de 80 cc.

500cc[editar | editar a fonte]

En 1990 estréase na categoría máxima, a de 500cc, no equipo Cagiva tendo Eddie Lawson como compañeiro de equipo. Con 20 anos, convértese no piloto máis novo desta categoría. Pasa en 1993 ao equipo oficial Lucky Strike Suzuki, con Kevin Schwantz como compañeiro. Neste ano Schwantz proclámase campión mundial e Alexandre obtén a súa primeira vitoria, no Circuíto Permanente de Xerez, igualando a outro brasileiro, Adu Celso.

No ano 1994 deixa Suzuki pasando os oito anos seguintes con Hondas privadas, acadando o cuarto lugar nos campionatos de 1996, 2000, 2001 e 2002. En 2003 correu para o equipo Gauloises, oficial de fábrica Yamaha como primeiro piloto do equipo. Ao ano seguinte é contratado polo equipo oficial de Honda HRC substituíndo a Valentino Rossi, contratado ao mesmo tempo por Yamaha. En ámbalas dúas marcas Alex tivo actuacións discretas, e en Honda, aínda quedando na cuarta posición, foi despedido ao fin da temporada. En 2005 cunha Honda dun equipo privado, obtén a súa última vitoria, no Gran Premio de Portugal, no Circuíto do Estoril. No campionato acabaría no oitavo posto.

Superbikes[editar | editar a fonte]

Sen patrocinadores, en 2006 Alex disputa o Campionato do mundo de Superbikes no equipo privado Klaffi Honda, obtendo o sexto lugar da clasificación xeral, con seis podios e unha vitoria, no Circuíto de Ímola.

Regreso a MotoGP[editar | editar a fonte]

En 2007 retorna a MotoGP no equipo satélite de Ducati, a Pramac d'Antin, obtendo un podio, e o terceiro posto no Gran Premio de Italia no Circuíto de Mugello. A súa última carreira foi no Circuíto Ricardo Tormo de Valencia onde rematou no sétimo lugar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]