Al Capone
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alphonse Gabriel Capone, máis coñecido como Al Capone, nado en Brooklyn, Nova York, o 17 de xaneiro de 1899 e finado en Miami o 25 de xaneiro de 1947, foi un famoso gángster estadounidense.
Índice |
Traxectoria [editar]
Acadou enorme sona nas décadas de 1920 e 1930 pola súa actividade criminal, aínda que a súa tarxeta de visita dicía que era un vendedor de antigüidades. Capone comezou a súa carreira en Brooklyn antes de se trasladar a Chicago onde deveu a figura do crime máis importante da cidade. Contra finais dos anos 20, Al Capone xa estaba na lista dos "máis buscados" do FBI. A súa caída produciuse nos anos 30, cando foi encarcerado polo Goberno Federal dos Estados Unidos por evasión de impostos e enviado á prisión de Alcatraz. Morreu de pneumonía.