Aintzane Usandizaga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1988 (36 anos) Lasarte-Oria, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade do País Vasco Universidade de Málaga (pt) |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Lingua | Lingua éuscara e lingua castelá |
Aintzane Usandizaga López, nada en Lasarte-Oria, Guipúscoa, en 1988, é unha escritora guipuscoana en éuscaro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Historia da Arte pola Universidade do País Vasco, e fixo un posgrao en Desenvolvemento Social da Cultura Artística na Universidade de Málaga (UMA).[1] Traballou en varios proxectos e centros culturais.[1] En 2019 publica o seu primeiro traballo no ámbito literario, Kabitu ezina, e obtén o Premio Etxepare do mesmo ano, grazas ao álbum Etxe honetan (Pamiela, 2019) co ilustrador Asier Iturralde González de Alaiza "Gastón". Tamén colabora no xornal Berria e na publicación dixital Hitzen Uberan. Traballou en varios proxectos e centros culturais.
En agosto de 2022 participou en "Un verán en Galeusca" proxecto impulsado, por cuarto ano consecutivo, entre VilaWeb, Berria e Nós Diario co relato BoA TornAda.[2]
Obras[editar | editar a fonte]
Novela[editar | editar a fonte]
- Kabitu ezina (2019). Elkar. ISBN 978-84-90279-41-0.
Álbums ilustrados[editar | editar a fonte]
- Etxe honetan (2019). Pamiela. É un traballo realizado xunto co ilustrador Asier Iturralde Gonzalez de Alaiza "Gastón",[3] que gañou o XIII Premio Etxepare,[4] así como o Premio Juul da Asociación de Escolas, en 2021.[5]
- (Ia) guztia moztu eta itsats daiteke. Esther Ferrer eta Dembora (2022). Pamiela. ISBN 978-84-9172-248-9. Un álbum creado coa ilustradora Aran Santamaria que explora a relación da artista Esther Ferrer co tempo.
Premios[editar | editar a fonte]
Ademais dos premios Etxepare e Juul, gañou dous premios no certame de relatos curtos Julene Azpeitia organizado polo Concello de Zumaia: en 2014 gañou o primeiro premio (relato Kolokan ),[6] e en 2018, o segundo premio (Historia de Bazterbideak).[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Aintzane Usandizaga Lopez - Euskal idazleen elkartea". idazleak.eus (en éuscaro). Consultado o 2022-08-18.
- ↑ Usandizaga, Aintzane (18 de agosto de 2022). "BoA TornAda". Nós Diario.
- ↑ "Tamaina Handia - Kalandraka: Etxe honetan". pamiela.com (en éuscaro). Consultado o 2022-08-18.
- ↑ "Asier Iturraldek eta Aintzane Usandizagak irabazi dute 2019ko Etxepare Saria "Etxe honetan" album ilustratuarekin". Galtzagorri Elkartea (en éuscaro). Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2021. Consultado o 2022-08-18.
- ↑ M.M.P, - (2021-09-29). "Asteazkenean banatu ziren Ikastolen Elkartearen Juul sariak". Diario de Noticias de Navarra (en éuscaro). Consultado o 2022-08-18.
- ↑ "Kolokan". Zumaiako Udala (en éuscaro). Consultado o 2022-08-18.
- ↑ "Bazterbideak". Zumaiako Udala (en éuscaro). Consultado o 2022-08-18.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Obras de Aintzane Usandizaga Arquivado 27 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine., en Berria.