Aina Calvo Sastre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aina Calvo Sastre
Aina Calvo Sastre

16 de xuño de 2007 – 11 de xuño de 2011
Precedido por Catalina Cirer
Sucedido por Mateu Isern

25 de maio de 2003 – xuño de 2004

Datos persoais
Nacemento 1969
Palma (Illas Baleares)
Partido PSIB-PSOE
Profesión Profesora

Aina Calvo Sastre, nada en Palma en 1969, é unha política mallorquina pertencente ao Partido Socialista Obreiro Español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Residiu en Zaragoza por motivos laborais familiares até 1983, cando regresa a Palma. Cursou estudos en Glasgow primeiro como estudante de postgrao cunha bolsa Erasmus e, máis adiante, como profesora da Universidade de Strathclyde.

É Doutora en Pedagoxía e profesora do Departamento de Ciencias da Educación da Universidade das Illas Baleares en situación de servizos especiais; profesora visitante da Universidade de Edimburgo. En 2003 afíliase ao PSIB-PSOE, sendo elixida deputada no Parlamento das Illas Baleares. Formou parte do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación como Subdirectora Xeral de Cooperación e Promoción Cultural da Axencia Española de Cooperación Internacional entre 2004 e 2006, cando é designada candidata do PSIB ao Concello de Palma. Nas eleccións municipais do 27 de maio de 2007 a súa candidatura queda en segundo lugar, pero consegue formar goberno grazas a un pacto con UM. Con todo, en febreiro de 2010 creba o pacto de goberno ao expulsar os concelleiros de UM tras ser sospeitosos de corrupción, gobernando o resto da lexislatura en minoría. Perdeu as eleccións municipais do 22 de maio de 2011, manténdose como portavoz do Grupo Municipal.

Durante o 38º Congreso do PSOE, formou parte do equipo de Carme Chacón na súa candidatura á secretaría xeral do PSOE, que foi derrotada pola de Alfredo Pérez Rubalcaba.

En marzo de 2012, dimite como secretaria xeral da Agrupación Socialista de Palma. Non obstante, tras a dimisión do seu sucesor, postúlase para dirixir de novo a agrupación local. O 6 de xullo de 2012 volve ser elixida secretaria xeral da Agrupación Socialista de Palma, obtendo o 64,7% dos votos fronte ao 35% do seu rival Jaume Garau.[1]

Cargos desempeñados[editar | editar a fonte]

  • Deputada no Parlamento Balear (2003-2004)
  • Concelleira no Concello de Palma (desde 2007)
  • Alcaldesa de Palma (2007-2011)
  • Secretaria xeral do PSOE de Palma (2008-2012)
  • Portavoz do Grupo Socialista no Concello de Palma (desde 2011)
  • Secretaria xeral do PSOE de Palma (desde 2012)
Predecesor:
Catalina Cirer
Escut de Palma.svg
Alcaldesa de Palma

2007-2011
Sucesor:
Mateu Isern
Predecesor:
José Hila Vargas
Logotipo del PSOE.svg
Portavoz do Grupo Socialista no
Concello de Palma

2011-actualidade
Sucesor:
No cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aina Calvo Sastre