Ahmed Ben Bella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ahmed Ben Bella
Nacemento25 de decembro de 1916
Lugar de nacementoMaghnia
Falecemento11 de abril de 2012
Lugar de falecementoAlxer
NacionalidadeFrancia e Alxeria
RelixiónSunnismo
Ocupaciónpolítico e futbolista
CónxuxeZohra Michelle Sellami
PremiosCruz de guerra 1939-1945, Heroe da Unión Soviética, Orde de Lenin, Prêmio Internacional Al-Gaddafi de Direitos Humanos, Medalha Militar, Premio Lenin da Paz, Order of the Companions of O. R. Tambo, Croix de guerre e Algerian National Order of Merit, Grand Master rank
editar datos en Wikidata ]
De esquerda a dereita: Mohamed Khider, Mostefa Lacheraf, Hocine Aït Ahmed, Mohamed Boudiaf e Ahmed Ben Bella

Mohamed Ahmed Ben Bella, nado o 25 de decembro de 1916 en Maghnia e finado o 11 de abril de 2012 en Alxer, foi un político alxeriano. Foi o primeiro presidente de Alxeria.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha pequena vila no oeste do país, medrou nunha familia sufí. Serviu no exército francés entre 1943 e 1945, a partir de 1946 organizou grupos armados secretos de carácter independentista. Detido en 1950 fuxiu do cárcere en 1952 e dous anos despois participou na organización do levantamento alxeriano, foi un dos fundadores da Fronte de Liberación Nacional (FLN).

En 1956, Ben Bella sobreviviu a dous atentados e nese ano as autoridades militares francesas préndeno tras secuestrar o avión de liña no que viaxaba, posto en liberdade en 1962, ano da independencia alxeriana. Elixido presidente en 1963, encamiñando o país cara a unha economía socialista pero rompendo coa Unión Soviética, procurando unha vía alxeriana ao socialismo e que influíu fortemente nos movementos de liberación nacional da década do sesenta e setenta.