Agustín Baamonde Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAgustín Baamonde Díaz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Vilalba, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Vilalba
2016 – 2019
← Gerardo Criado GuizánElba Veleiro →
Alcalde de Vilalba
1990 – 2005
← José María García LeiraGerardo Criado Guizán → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsEsther Baamonde Díaz Editar o valor em Wikidata

Agustín Baamonde Díaz, nado en Vilalba o 8 de maio de 1950, é un avogado e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en dereito pola USC. Concelleiro en Vilalba, en 1987 foi nomeado Primeiro tenente de alcalde. O 22 de xaneiro de 1990 foi elixido alcalde en substitución de José María García Leira. Presentouse ás eleccións municipais de 1991 encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta, ata o 12 de maio de 2005 que deixou o cargo ao ser elixido deputado no Parlamento de Galicia. Foi deputado provincial (1991-2005). O 2 de novembro de 2016 substituíu a Gerardo Criado Guizán na alcaldía de Vilalba.[1]

Nas eleccións municipais de 2019 foi sucedido na alcaldía por Elba Veleiro, do PSdeG.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Palacios, Xosé María (2 de novembro de 2016). ""Volvo a un sitio que coñezo", dice Baamonde al ser elegido de nuevo alcalde de Vilalba". La Voz de Galicia. Consultado o 3 de novembro de 2016. 
  2. "Elba Veleiro al llegar a la Alcaldía de Vilalba, tierra de Fraga: "Es un día histórico para la democracia"". El Correo Gallego. 15 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]