Agulleira
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A agulleira (Scandix pecten veneris) é unha planta espontánea que ten o froito en forma de agulla e que medra nas leiras e nas zonas costeiras. A súa área de distribución é a conca mediterránea, chegando polo oeste ata o Reino Unido e polo leste ata Dinamarca.
As agulleiras tamén poden ser varias plantas dos xéneros Erodium e Geranium, máis comunmente denominadas herba agulla ou herba de agulla.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |