Adidas Roteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Roteiro foi o balón utilizado na Eurocopa 2004 de Portugal. A palabra "Roteiro" significa "ruta" en portugués e é unha referencia aos descubrimentos dos portugueses nos séculos XV e XVI. Fabricado por Adidas, presentouse en Lisboa o 1 de decembro de 2003.

Datos[editar | editar a fonte]

Por primeira vez na historia deseñouse e utilizouse un balón especialmente creado para cada partido do torneo, sendo escritors nel os equipos, a data, o nome do estadio, a lonxitude e latitude do mesmo e o punto central do campo. Adidas subministrou preto de 2 300 balóns nos partidos e adestramentos do torneo.

Comentarios[editar | editar a fonte]

Este balón causou polémica nalgúns dos seus partidos, dándose a coñecer por Andrea Pirlo, da selección italiana, a mala calidade do balón, puidéndose comparar cun balón de plástico de neno pequeno.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]