Accidente de Sondika

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Accidente de Sondika
Un Boeing 727-200 semellante ao do accidente.
Resumo
Data  19 de febreiro de 1985
Causa  Impacto controlado contra
o terreo por erro do piloto
Lugar  monte Oiz, Biscaia
Coordenadas  Coordenadas: 43°13′43″N 2°35′24″O / 43.228611111111, -2.59
Orixe  Aeroporto de Madrid-Barajas
Destino  Aeroporto de Bilbao
Finados  148 (todos)
Aeronave
Tipo de aeronave Boeing 727-200
Operador  Iberia
Rexistro  EC-DDU
Pasaxeiros  141
Tripulación  7
Superviventes  0

O accidente de Sondika, ou voo 610 de Iberia, foi un accidente aéreo ocorrido o día 19 de febreiro de 1985 cando un Boeing 727-200, que voaba do Aeroporto de Madrid-Barajas ao Aeroporto de Bilbao, chocou contra unha antena de televisión no cumio do monte Oiz antes de aterrar no Aeroporto de Bilbao. Os 141 pasaxeiros e 7 tripulantes a bordo morreron no accidente.[1]

Avión[editar | editar a fonte]

O aparello sinistrado era un Boeing 727-256 (un 727 con tres motores Pratt & Whitney JT8D-9A con capacidade para 189 pasaxeiros) rexistrado como EC-DDU. O avión estaba bautizado como "Alhambra de Granada".[1] Entrou en sevizo o 18 de maio de 1979 e levaba voadas 13.408 horas no momento do accidente.[2]

Accidente[editar | editar a fonte]

O voo 610 saíu do Aeroporto de Madrid-Barajas ás 08:47 CET e agardábase que aterrase en Bilbao ás 09:35.

Ás 09:09 a tripulación recibiu permiso para descender ao nivel de voo de 4 300 pés (1 310 m), e ás 09:16 o primeiro oficial estableceu contacto coa torre do aeroporto de Bilbao. Entón o controlador deu permiso para que o avión continuase o descenso: "Iberia 610, pode continuar descenso para aproximación ILS a Bilbao, pista 30, o vendo é de 100 graos 3 nós, QHN 1025, e nivel de transición 70".[2] A tripulación repetiu a información transmitida e despois diso o controlador ofreceulles unha aproximación directa. Porén, o capitán rexeitouna, elixindo un plan de aproximación stándar. Ás 09:22 a tripulación informou do pasao polo VOR de Bilbao a unha altura de of 7 000 pés (2 100 m), chegando ao punto de inicio da aproximación. A tripulación obtivo permiso para descender a unha altura de 5 000 pés (1 500 m). Esta foi a derradeira transmisión de radio do voo 610.[2]

Ás 09:25 mentres descendía para realizar a manobra de aterraxe, o avión colisionou coa súa á esquerda contra unha antena de Euskal Telebista no monte Oiz, a unha altitude de 1 023 metros. Coa á cortada o avión voou fóra de control ao longo dun quilómetro e esnafrouse contra o terreo deslizándose pola ladeira noroeste do monte e morrendo os 148 ocupantes do aparello.[2]

Causa[editar | editar a fonte]

A investigación determinou como causas fundamentais do accidente a excesiva confianza no sistema de alerta de altitude, así como unha incorrecta interpretación dos seus avisos, ademais dun posible erro na lectura do altímetro por parte da tripulación cando voaban por debaixo dunha altura segura. Tamén se considerou como factor que contribuíu ao accidente a néboa que cubría a zona nese intre.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Aviation Safety Network (ed.). "Descrición do accidente". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2010. Consultado o 16 de xaneiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Informe final do accidente" (PDF). Consultado o 16 de xaneiro de 2017.