Abioseh Nicol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Abioseh Nicol, nado como Davidson Sylvester Hector Willoughby Nicol en Freetown, en 1924 e finado en Cambridge en 1994, foi un escritor e diplomático de Serra Leoa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Ibadán (Nixeria) e Cambridge, dirixiu investigacións médica no Reino Unido e volveu a Serra Leoa en 1958, director do Banco de Serra Leoa (1963-1968), vicerreitor da Universidade de Serra Leoa (1966-1969), embaixador na ONU (1969-1971) e embaixador no Reino Unido (1971-1972).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Two African Tales, 1965 (relatos)
  • The Truly Married Woman, 1965 (relatos)