Aberaeron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°14′31″N 4°15′33″W / 52.24204°N 4.25921°W / 52.24204; -4.25921

Aberaeron
AberaeronHouses.jpg
Casas a carón do peirao
Situación xeográfica
Aberaeron en Gales
Aberaeron
Aberaeron
País Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Nación Constituínte Gales Gales
Rexión Dyfed
Concello Ceredigion
Xeografía
Altitude msnm
Poboación
Poboación 1.520 (2001)
Información
Código postal ABERAERON
Alcalde
Páxina web Páxina oficial

Aberaeron (do galés: Aberaeron estuario do Río Aeron, que deriva do galés medio aer - 'matanza',[1] que da nome a Aeron, un deus galés da guerra[2]) é unha vila turística de Ceredigion, Gales. Localizada entre Aberystwyth e Cardigan, é a sede do Consello do Condado de Ceredigion. Ten costa coa Baía de Cardigan. A vila foi construída en 1805 no estuario do río Aeron. No 2001, tiña unha poboación de 1.520 habitantes.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

A actual cidade foi deseñada e fundada a partir de 1805 polo reverendo Alban Thomas Jones Gwynne. O porto consturíuse apoiándose na industria da construción naval no século XIX. Un grupo de casas de obreiros e unha escola foron construídos no lado norte da baía.[4] Os barcos de vapor seguiron visitando o porto ata a década de 1920, e nos últimos anos, converteuse nun pequeno porto para as embarcacións de recreo. O estuario tamén está atravesado por unha ponte peatonal de madeira.

A artesanía foi unha parte importante da vida da localidade. A información rexistrada nos directorios comerciais amosa que en 1830, aínda que todavía non se desenvolvera plenamente como porto, había en Aberaeron un fabricante de la, un zapateiro, un panadeiro, un muíño de millo, un ferreiro e fabricante de pas, dous carpinteiros de ribeira e un fabricante de sombreiros.[5]

A finais da década de 1890, un teleférico alimentado a man, o Aeron Express, foi construído para transportar ós traballadores a través do porto cando a ponte foi derrubada polas asulagamentos. A estrutura fue recreada nos anos 1980 como unha atracción turística que se prolongou ata a fin do verán de 1994.

A arquitectura de Aberaeron é inusual nesta parte rural de Gales, xa que está construído arredor dunha praza principal de elegantes edificios agrupados arredor do porto. Foi unha obra de Edward Haycock, un arquitecto de Shrewsbury. Algúns edificios desta zona foron de suficiente interés como para aparecer nalgúns dos selos postais británicos.[4]

Persoas notables[editar | editar a fonte]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Llewellyn's Complete Book of Names
  2. BBC Wales—What's in a name?
  3. Office for National Statistics : Census 2001 : Parish Headcounts : Ceredigion
  4. 4,0 4,1 Aberaeron 1807–2007: Aberaeron Town Trail, celebrating our heritage Heritage Treftadaeth, 2007 (under building 1 - General Storehouse)
  5. Jenkins, J. Geraint. Ceredigion: Interpreting an Ancient County. Gwasg Careg Gwalch (2005) pg. 83.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aberaeron

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]